Noia, a horta da Ría

Inicio » Formación »Campus do emprendemento e saber de Noia

Poñer en valor a produción e a comercialización dos moluscos bivalvos da Ría, e dar a coñecer as actuacións realizadas, e as que poden levarse a cabo, para que un produto de tanta calidade teña o recoñecemento que merece.

DATAS: 11, 12 e 13 de agosto de 2022.

HORAS: 15

DIRECCIÓN: Adelo Freire (Secretario da Confraría de Pescadores San Bartolomé de Noia)

1.- PRODUCIÓN

1.1 Datos actuais e históricos da produción de moluscos bivalvos en autorizacións da confraría de Noia.
1.2 Plans de explotación en autorizacións. Marisqueo a pé e marisqueo a flote e outras artes.
Características, sustentabilidade económica e ambiental.

2.- COMERCIALIZACIÓN.

2.1 Función das Confrarías na venda da produción. Cadea de comercialización.
2.2 Evolución da comercialización.
2.3 Problemas e posibles solucións da comercialización.

3 .-VALORIZACIÓN.

3.1 Concepto e medidas.
3.2 Actuacións realizadas para a valorización do BERBERECHO DE NOIA.
3.3 Marcas de calidade, denominacións de orixe, xeográficas.

DIRECCIÓN: Adelo Freire (Secretario da Confraría de Pescadores San Bartolomé de Noia)

As prazas serán asignadas segundo rigorosa orde de inscrición a través deste formulario. As persoas admitidas serán automaticamente beneficiarias dunha bolsa que cubrirá o 100% do prezo da matrícula. É dicir, que poderán participar neste curso de xeito totalmente gratuíto.

O prazo de matrícula rematou.