Coñécenos

Inicio » Coñécenos

Fundación para o Desenvolvemento Humano e Social de Galicia

 A Fundación para o Desenvolvemento Humano e Social de Galicia (Fundehsga) é unha organización de interese galego, sen ánimo de lucro, que nace cun carácter educativo, cultural e social, sendo o seu obxecto:

  • O aproveitamento e potenciación dos recursos humanos da Comunidade Galega.
  • A atención e promoción da familia e dos movementos familiares.
  • A promoción e atención da infancia, da xuventude e das persoas maiores.
  • O fomento da igualdade de oportunidades, en especial dos grupos máis desfavorecidos.
  • O asesoramento e potenciación das comunidades educativas (país, profesores e alumnos).
  • A acollida e atención a peregrinos e persoas que visiten a Comunidade Autónoma, provendo os medios necesarios.
  • A promoción cultural e turística de lugares de especial interese, particularmente para familias e persoas desfavorecidas, así como a promoción de todo o relacionado co fenómeno Xacobeo, ante asociación e entidades sociais e culturais.
  • A formación de profesionais e responsables sociais nos ámbitos educativo, cultural e social.
  • O asesoramento e atención a organismos, institucións, asociacións e persoas no campo das ciencias humanas e sociais.
  • O fomento e desenvolvemento de investigación no ámbito humano e social, e en todas aquelas actividades non especificadas que se orientan á promoción humana e social da Comunidade.