Campus do emprendemento e do saber de Noia

Inicio » Formación

Presentación

A Vila de Noia é un enclave singular da Comunidade Autónoma de Galicia, situada no
vértice da Ría de Muros e Noia (Ría da Estrela) e moi preto de Santiago de Compostela (Portus
Apostoli). A súa localización, así como a riqueza das súas terras e a xenerosidade das súas
augas, explica a súa singularidade histórica que tivo dende a súa Carta Fundacional no século
XII, así como o gran patrimonio histórico-artístico reflectido nas rúas lousadas, nos pazos
brasonados e nas características construtivas das súas igrexas. Un pasado, certamente,
glorioso.
Pero máis importante que todo isto, con ser importante, e moito, é a súa xente. Noia
é, antes que nada, terra de creadores. Creadores industriais, creadores culturais e artísticos,
creadores nos diferentes eidos da actividade humana. É neste contexto no que deberá
entenderse o propósito de facer de Noia a Capital do Emprendemento e do Saber do verán.
Durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro Noia acolle unha gran variedade
de cursos e xornadas, que van dende o tratamento de tópicos de sempre, pero que seguen
preocupando á sociedade, como outros máis novidosos que van marcar a nosa vida durante os
vindeiros anos. Unha excelente oportunidade para poder combinar un tempo de lecer nun dos
currunchos máis fermosos da Comunidade, co desexo de saber e de seguir mellorando no
ámbito en que cada un desenvolva a súa actividade.
Dada a importancia que este reto ten para a Sociedade desta bisbarra como para toda
Galicia, as entidades Organizadoras e Patrocinadoras ofrecen un número de bolsas que van
facilitar a participación a todas aquelas persoas que teñan verdadeiro interese en non deixar
pasar esta excelente oportunidade.

PROGRAMA XERAL

1. DEPORTE E SAÚDE MENTAL

Dirección: Joaquín Dosil (Prof. UVigo. Especialista en Psicoloxía do Deporte)
Xuño: 28-29-30. Duración: 24 h.

2. NEUROCIENCIA, EDUCACIÓN E DESENVOLVEMENTO

Dirección: Emilio García (Prof. Universidad Complutense de Madrid) e Cecilia Otero (Neuropsicóloga. Directora Centro Neuredia).
Xullo: 7-8-9. Duración. 24 h.

3. SAÚDE DIXITAL E CIBERSEGURIDADE

Dirección: Guillermo Cánovas (Director de EDUCALIKE)
Este curso posponse a unha nova data que se comunicará con suficiente antelación.

4. 40 ANOS DE AUTONOMÍA

Dirección: Roberto Blanco Valdés (Catedrático de Dereito Constitucional-USC)
Xullo: 22-23. Duración: 15 h.

5. NOIA, A HORTA DA RÍA

Dirección: Adelo Freire (Secretario da Confraría de Pescadores San Bartolomé de Noia)
Agosto: 11-12-13. Duración: 15 h.

6. ENVELLECEMENTO ACTIVO

Dirección: Fernando Lino Vázquez (Catedrático USC)
Agosto: 18-19-20. Duración: 24 h.

7. CRIMINALÍSTICA FORENSE. COMO ACTÚAN OS CSI?

Dirección: Luis Alamancos Pampín (Director do Gabinete Pericial INPEVAL)
Agosto: 29-30-31. Duración: 24 h.

8. O LEGADO XACOBEO NA RÍA DA ESTRELA: O PORTUS APOSTOLI E O CAMIÑO DE SANTIAGO

Dirección: Concha Allut (Técnica de Cultura do Concello de Noia –OCN-)
Setembro: 1-2. Duración: 15 h

Lugares de celebración

Casa da Cultura de Noia
Casino de Noia
Coliseo Noela
Aula de formación da Confraría de Pescadores San Bartolomé de Noia

Secretaría

FUNDEHSGA

981 576 666 · info@fundehsga.com

Concello de Noia

Casa da Cultura: 981 824 169